O Concello de Lugo reduciu a débeda en máis dun 36% desque é Alcalde López Orozco

A Concelleira de Economía destaca que a débeda municipal pasou de 43,5 a 27,7 millóns de euro

Xoves, 29 de xaneiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O tempo medio de pago das facturas non chegou a 24 días no terceiro trimestre de 2014, dacordo co último informe de morosidade do Concello

O Concello de Lugo diminuiu a súa débeda nun 36,39% dende que é Alcalde José López Orozco, en 1999. A 31 de decembro daquel ano a débeda municipal era de 43.500.000 euros e o Concello rematou o pasado exercizo con 27.700.000 euros de débeda.

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, deu conta da evolución da débeda municipal nunha rolda de prensa na que informou dos asuntos abordados hoxe pola Comisión de Contas do Concello.

A Comisión de Contas tamén recibiu o informe de Tesourería sobre a morosidade. Na rolda de prensa Rosana Rielo explicou que, dacordo cos datos obrantes nese informe, o Concello pagou en prazo o 86% das facturas tramitadas no terceiro trimestre de 2014.

Rielo informou de que, a pesar do Real Decreto que acurta o tempo para que as administracións paguen en prazo ós seus proveedores, o Concello de Lugo cumpriu satisfactoriamente, unha vez máis, xa que o tempo medio de pago das facturas nese trimestre foi de 23,96 días.

Ó remate do terceiro trimestre de 2014 pagáranse en prazo 1.293 facturas do total de 1.509 tramitadas. Das restantes 133, que representan un 14%, 9 estaban en prazo para ser pagadas canto acabou o trimestre, o 30 de setembro, e as 124 restantes excederan o prazo de pago.

Facilidades ós pequenos proveedores

A Concelleira de Economía tamén explicou que a entrada en vigor da factura electrónica non perxudicará ós proveedores do Concello de Lugo dado que só é obrigatoria para as facturas superiores a 5.000 euros. O resto poderán seguir presentándose en papel no Rexistro municipal, tal como recolle a modificación da Ordenanza de administración electrónica que está a tramitar o Concello con data de aplicación a partir do 15 de xaneiro.

Rielo recoñeceu que a aplicación desa excepción prevista pola lei supón ter que tramitar unha modificación na Ordenanza de Administración electrónica, que tivo que ser aprobada primeiro pola Xunta de Goberno e posteriormente polo Pleno antes de ser exposta ó público. Rielo explicou que a tramitación desa modificación non se puido axiliazar máis porque os servizos municipais están sobrecargados de traballo e non poden ser reforzados coa contratación de novo persoal porque o impide a lexislación vixente

En todo caso, a Concelleira de Economía deixou claro que non haberá perxuizo ningún para os proveedores, senón ó contrario, xa que os pequenos proveedores poderán seguir presentanto as súas facturas como ata agora.

“Dacordo coa lei, o trámite normal sería presentar todas as facturas pola vía electrónica, pero nós decidimos complicarnos nós a vida, asumir este traballo extra, para non complicarlla ós pequenos proveedores e que tiveran máis facilidades”, explicou Rosana Rielo.

Por outro lado, a Concelleira de Economía informou de que está a manter reunións con asociacións e colectivos sociais para informalos da posta en marcha dos Presupostos Participativos.

Noticias relacionadas