Alvarellos Fondo destacou a proxección autonómica, nacional e internacional desta futura sede patrimonial á vez que puxo en valor as implicacións económicas e culturais que a súa posta en marcha tería non só para Lugo, senón para toda Galicia.
“Ata o 2013 esta aspiración tamén foi un proxecto galego, e por tanto, compartido pola Xunta, a quen lle compete por lei salvagardar os números restos arqueolóxicos que se atopan custodiados neste momento polo Concello”, lembrou.
O obxectivo do Goberno local é actuar na cuberta e na envolvente do inmoble para así poder optar ao 2% cultural, o que permitiría a súa musealización.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou que a acepción ou o rexeitamento desta emenda permitirá coñecer aos lucenses e a todas e todos os galegos o compromiso real da Xunta de Galicia con Lugo e con este necesario proxecto.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, esixiu esta mañá un maior compromiso do Goberno autonómico co futuro Museo da Romanización. A rexedora, acompañada polo portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, a parlamentaria autonómica, Lara Méndez, así como por representantes da Plataforma Muro anunciou que trasladou ao grupo parlamentario socialista unha emenda que será presentada polos seus compañeiros no Hórreo co obxectivo de que a Xunta inclúa nos Orzamentos de 2025 unha partida para rehabilitar o cuartel de San Fernando. “Que Lugo sexa o referente galego e do noroeste español en conservación, investigación e divulgación do pasado romano é un proxecto de cidade que o Goberno local e a sociedade lucense consideramos irrenunciable e algo polo que levamos máis dunha década pelexando”, sinalou a rexedora.
Alvarellos Fondo destacou a proxección autonómica, nacional e internacional desta futura sede patrimonial á vez que puxo en valor as implicacións económicas e culturais que a súa posta en marcha tería non só para Lugo, senón para toda Galicia. Precisamente por ese motivo, a alcaldes lamentou que a Xunta se borrora desta iniciativa a pesar de ter comprometida formalmente a súa participación. “Ata o 2013, esta aspiración tamén foi un proxecto galego, e por tanto, compartido pola Xunta, a quen lle compete por lei salvagardar os restos arqueolóxicos”, lembrou a rexedora.
“Non debemos esquecer que actualmente máis de 15.000 pezas catalogadas que son da súa propiedade e que agora, por responsabilidade, están custodiadas polo Concello e que son só unha parte das miles que se atopan dispersas en dependencias de distintas administracións ou mesmo en domicilios privados de arqueólogos. Testemuñas do noso pasado que precisan dun inventariado rigoroso e dun lugar de referencia para o seu estudo e exposición. Sen conservar o noso legado cultural é imposible construír un futuro no que todas e todos sintamos recoñecidos”, proseguiu.
O obxectivo: rehabilitar cuberta e envolvente para optar ao 2% cultural
Alvarellos explicou que no encontro mantido o pasado mes de xullo con Alfonso Rueda solicitou sen éxito ao presidente autonómico traballar de forma conxunta nunha revisión do proxecto co obxectivo de rehabilitar San Fernando e así desbloquear a recuperación do edificio. “Ante a súa inacción, agora pedirémoslle á Xunta, a través dunha emenda aos Orzamentos, que inclúa neste documento unha partida plurianual para poder iniciar a rehabilitación do Cuartel de San Fernando e así poder actuar na cuberta e envolvente do edificio, xa que o seu arranxo progresivo permitiríanos optar ás subvencións do 2% cultural para abordar a musealización do cuartel de San Fernando”, concluíu a rexedora.
Pola súa banda, o secretario xeral e portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou que a acepción ou o rexeitamento desta emenda permitirá coñecer aos lucenses e a todas e todos os galegos o compromiso real da Xunta de Galicia con Lugo e con este necesario proxecto. “Esta cidade é o referente da Romanización no norte peninsular e é desde aquí, desde o cuartel de San Fernando, é desde onde queremos poñer en valor todo ese patrimonio e dalo a coñecer a toda a humanidade. O Concello cumpriu coa súa parte e debe ser agora a Xunta a que cumpra coa súa. Xa abonda de promesas sen contido. Deben ter un compromiso claro e á mellor forma de reflectir ese compromiso é a través dos orzamentos galegos”, sinalou Besteiro.
Audios
- A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre a emenda do Museo da Romanización | Descargar mp3
- O portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, sobre a emenda do Museo da Romanización | Descargar mp3



