O Concello de Lugo procederá a arranxar, mañá mércores, a fuga detectada en San Lázaro

Para poder levar a cabo a reparación será preciso cortar a subministración de auga e a circulación na rúa dende as 9 da mañá do mércores e ata que remate a reparación

Martes, 17 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Área de Medio Ambiente do Concello de Lugo procederá mañá á reparación da fuga detectada en San Lázaro, á altura da pasarela peonil sobre o río Miño. O concelleiro Álvaro Santos informa de que dende a primeira hora do día a rúa permanecerá cortada á circulación para proceder ao arranxo da avaría que implicará igualmente o corte da subministración afectando ás vivendas próximas.

As restriccións, que serán debidamente sinalizadas e implicarán o desvío do tráfico polas vías das inmediacións, se manterán ata a finalización dos traballos na rede municipal de abastecemento nos que intervirán un camión e unha escavadora.

Noticias relacionadas