Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo procederá a arranxar, mañá mércores, a fuga detectada en San Lázaro

O Concello de Lugo procederá a arranxar, mañá mércores, a fuga detectada en San Lázaro

Para poder levar a cabo a reparación será preciso cortar a subministración de auga e a circulación na rúa dende as 9 da mañá do mércores e ata que remate a reparación

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Martes, 17 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Área de Medio Ambiente do Concello de Lugo procederá mañá á reparación da fuga detectada en San Lázaro, á altura da pasarela peonil sobre o río Miño. O concelleiro Álvaro Santos informa de que dende a primeira hora do día a rúa permanecerá cortada á circulación para proceder ao arranxo da avaría que implicará igualmente o corte da subministración afectando ás vivendas próximas.

As restriccións, que serán debidamente sinalizadas e implicarán o desvío do tráfico polas vías das inmediacións, se manterán ata a finalización dos traballos na rede municipal de abastecemento nos que intervirán un camión e unha escavadora.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-procedera-arranxar-mana-mercores-fuga-detectada-en-san-lazaro