- Tema

A Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro, está a xestionar este ano máis de 6.500.000 euros de fondos para realizar melloras en todos os barrios da cidade atendendo ás necesidades de cada un deles. O Concelleiro indicou en rolda de prensa que unha boa parte deste orzamento provén dos fondos do Fondo Estatal de Investimento Local que supoñen un total de 4.955.741 euros para a realización de 19 proxectos.
Piñeiro anunciou que para a execución destas obras da área de Infraestruturas incluídas no FEIL realizáronse un total de 271 contratos de traballo dos que 58 son novos.
O Concelleiro explicou que das 19 obras tres están xa empezadas: a renovación de saneamento en Carvalho Calero, a pavimentación de beirarrúas na rúa Río Sil e a pavimentación e servizos en Rúa Lavandeira, e unha xa está rematada: a renovación de saneamento en Estrada da Granxa. Piñeiro indicou que o resto das obras comezaran proximamente, ao longo do presente mes de xullo, e suporán as seguintes actuación de melloras:
- Urbanización da avenida Duquesa de Lugo (tramo Ronda Norte - Monte Faro)
- Peonalización do parque de A Milagrosa- Fase I
- Reurbanización da rúa da Industria. Fase I
- Pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro
- Urbanización da rúa Monte Adairo. Fase I
- Pavimentación e servizos na rúa Mallorca
- Pavimentación de beirarrúas na rúa Alexandre Bóveda
- Renovación de pavimentos na rúa Puro Cora
- Pavimentación e servizos en Camiño de Pipín
- Pavimentación e servizos nas rúas Irmáns Vilar Ponte e Dr. Fleming
- Pavimentación e servizos na rúa Fontaneira
- Pavimentación e servizos na rúa Cidade de Vigo
- Urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro - 2ª Fase
- Alumeado público en rúa Primavera e adxacentes
- Abastecemento e saneamento en Galegos
Na súa comparecencia o Concelleiro resaltou a importancia de todas as obras, pero en especial, polo seu orzamento, da obra de Peonalización do parque de A Milagrosa e da urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro.
A peonalización do parque de A Milagrosa, conta cun orzamento nesta primeira fase de 687.000 euros. O proxecto ten como obxectivo converter este espazo público nun lugar de desfrute para a xente, que sexa un espazo verdadeiramente público e sen tráfico. Unha vez rematada esta primeira fase, subvencionada polo FEIL, o Concello daralle continuidade con financiamento propio ou doutras administracións.
A urbanización do contorno do Anxo Carro, que se levará a cabo en tres fases e contará cun orzamento total de 700.000 euros, dos que 430.000 serán do FEIL, inclúe a creación de 379 novas prazas de aparcamento, ademais das melloras dos servizos como o saneamento, o abastecemento… Estas novas prazas de aparcamento solucionarán os problemas para deixar o coche que teñen as persoas que se achegan á zona a ver os partidos de fútbol.
Para o Concelleiro tamén son destacables as obras de mellora do alumeado que se levará a cabo nas seguintes rúas e que conta cun orzamento de 231.520 euros:
- Rúa Primavera
- Rúa Paxariños
- Rúa Río Chamoso
- Rúa Ramón Montenegro
- Carril das Flores
- Carril das Hortas
- Rúa Emilia Pardo Bazán
- Rúa Bispo Doctor Balanza
- Carril dos Indios