Mauricio Repetto participaron na presentación da iniciativa, promovida polos establecementos da Rúa da Raíña, que colocarán stands na rúa e ofrecerán descontos todos os martes do 20 de outubro ao 17 de novembro
O edil subliñou que “estamos moi satisfeitos de colaborar con iniciativas deste tipo que contribúen a fomentar o comercio de proximidade e dinamizar a actividade nas nosas rúas e barrios, nun momento de especial dificultade”

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, participou esta mañá na presentación da iniciativa Supermartes na Raíña, organizada polos establecementos desta céntrica rúa lucense, en colaboración co Concello e a Asociación Lugo Monumental.
Ao longo de cinco xornadas, os locais da Rúa da Raíña colocarán stands cos seus produtos na rúa e ofrecerán descontos e promocións aos clientes, co obxectivo de dinamizar a actividade nunha das principais rúas comerciais da cidade. Deste xeito, a iniciativa levarase a cabo todos os martes, do 20 de outubro ao 17 de novembro.
Mauricio Repetto subliñou que “dende o Concello de Lugo estamos moi satisfeitos de colaborar con iniciativas deste tipo que contribúen a fomentar o comercio de proximidade e dinamizar a actividade nas nosas rúas e barrios, nun momento de especial dificultade para os comerciantes e pemes polas consecuencias da pandemia”.
Así mesmo, a rexedora convidou á cidadanía a mercar nos establecementos participantes, “sempre mantendo as distancias de seguridade e o resto de indicacións establecidas polas autoridades sanitarias para facer frónte á Covid”.
No acto de presentación participaron tamén empresarios e comerciantes da rúa da Raíña, así como o presidente de Lugo Monumental, Luis Latorre. Os establecementos colaboradores son: Cafetería Reina; O Baúl Branco; Perfumerías Avenida; Óptica Lentes e Parfois.