Rubén Arroxo e Maite Ferreriro asistiron ás actividades organizadas pola área de Cultura

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Cultura Maite Ferreiro asistiron esta tarde ás actividades organizadas polo Concello de Lugo para celebrar o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
As actividades comezaron co coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoan Montes na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros, e continuou cun un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contou coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do roteiro.
Programa concerto conservatorio
Coro do CMUS Xoán Montes (directora: Henar Matesan; pianista: Iván Martínez):
- Beata es Virgo Maria de Josu Elberdin
- Ave María de Dante Andreo
- Dona Nobis Pacem de Mary Lynn Lightfoot
- Kyrie de Bob Chilcott
- Hodie! Aleluia de Mary Lynn Lightfoot
Ensembles de clarinetes do CMUS Xoán Montes (directores Lorena Rodríguez e Iván Martínez):
- Minueto do Septimino de Beethoven
- Canon de Pachelbel
- Moonlight Serenade de Glenn Miller.
- Frauta Máxica (Coro de Escravos) de W. A. Mozart.
Programa roteiro poético-musical
- Porta de Santiago, inicio do roteiro con Maite Ferreiro e Toño Núñez
- Porta de Bispo Aguirre, Unha noite na eira do trigo, Yuri + Fran Muinelo de Batital
- Porta do Bispo Izquierdo, recita José Estévez López
- Mosqueira, recita Manuel Celso Matalobos
- Porta de San Pedro, cantareiras de Cántigas e Frores
- Antigo El Progreso, recita Paco Nieto
- Porta da Estación, recita Curra Figueroa
- Sindicatos, Lonxe da Terriña, Victoria Oropeza Fernández e Alex López Núñez, integrantes da Banda Filarmónica de Lugo
- Porta Falsa, recita José Otero Canto
- Porta de San Fernando, recita Marica Campo
- Fronte a Mobles Cacharrón, Quen puidera namorala, Sergio Alba
- Porta da Rúa Nova, recita Paco Martín
- Fronte á Rúa Ourense, recita Tareixa Campo
- Porta do Bispo Odoario, Negra Sombra, Mestre Rulos
- Porta Miñá, recita Toño Núñez
- Porta de Santiago, cuarteto da Volta do Agro