Xoves, 02 de abril de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo colabora coa Consellería de Sanidade na abordaxe das necesidades xurdidas pola crise na que está a derivar a propagación do coronavirus.
Así, a institución local vén de cederlle ao Sergas a carpa, xa instalada ao carón das instalacións do Hula, pertencente ao servizo de Protección Civil para que esta sirva como punto de desinfección e limpeza das ambulancias do 061.
A medida, exemplo da man tendida que o goberno de Lara Méndez mantén con tódolos organismos públicos e entidades, obedece ao imperativo de unificar esforzos e coordinar recursos para que, entre tódalas administracións, se poida dar cobertura ás principais prestacións sociosanitarias así como á seguridade e protección da poboación.