Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo cede ao Sergas a carpa de Protección Civil como punto de desinfección para as ambulancias

O Concello de Lugo cede ao Sergas a carpa de Protección Civil como punto de desinfección para as ambulancias

  • Tema
    • COVID-19,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Transporte
Xoves, 02 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo cede ao Sergas a carpa de Protección Civil como punto de desinfección para as ambulancias

O Concello de Lugo colabora coa Consellería de Sanidade na abordaxe das necesidades xurdidas pola crise na que está a derivar a propagación do coronavirus.

Así, a institución local vén de cederlle ao Sergas a carpa, xa instalada ao carón das instalacións do Hula, pertencente ao servizo de Protección Civil para que esta sirva como punto de desinfección e limpeza das ambulancias do 061.

A medida, exemplo da man tendida que o goberno de Lara Méndez mantén con tódolos organismos públicos e entidades, obedece ao imperativo de unificar esforzos e coordinar recursos para que, entre tódalas administracións, se poida dar cobertura ás principais prestacións sociosanitarias así como á seguridade e protección da poboación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-cede-ao-sergas-carpa-de-proteccion-civil-como-punto-de-desinfeccion-para