O Concello de Lugo aproba a nova contratación do servizo de vixilancia do Fogardo Transeúnte e o CEI Nodus

A oferta máis vantaxosa foi a presentada por Seyvi Seguridad, S.L. para cada un dos lotes, segundo comentou a edil Ana González Abelleira.

Tamén da luz verde as licenzas para a mellora de eficiencia enerxética no IES Muralla Romana de Lugo e no CEIP Casas.

Mércores, 14 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo aprobou este mércores en Xunta de Goberno Local a renovación dos contratos de servizos municipais de vixilancia do Fogar do Transeúnte e do CEI Nodus, por un importe conxunto de 184.381€, a oferta máis vantaxosa foi a presentada por SEYVI SEGURIDAD, S.L. para cada un dos lotes .

Segundo informou a concelleira, Ana González Abelleira, “o contrato divídese en dous lotes, un para o Fogar doTranseúnte, cun orzamento base de licitación de 112.303€, e outro para o CEI Nodus, por 72.078€”.

En ambos casos terá unha duración de un ano, prorrogable por outros catro.

Tamén, a Xunta de Goberno Local deu luz verde a dúas importantes licenzas de mellora de eficiencia enerxética no IES Muralla Romana de Lugo e no CEIP Casas.

A mellora das condicións de eficiencia enerxética dos bloques 1,2,3 e 4 do CEIP Casas supón á sustitución de carpinterías exteriores, illamento de fachada polo exterior con sistema tipo SATE, illamento térmico en cara inferior de forxados de porches, illamento térmico do forxado de solo de baixo cuberta, instalación de falsos teitos novos en aulas, sustitución de luminarias, colocación de válvulas termostáticas en radiadores, obras de mellora e mantemento nos bloques.

No IES Muralla Romana consiste na mellora das condicións de eficiencia enerxética e aseos.

As dúas obras serán executadas pola Consellería de Educación teñen a obriga de nomear e achegar no concello oficios de dirección de obra, execución de obra e coordinador de seguridade e saúde.

Audio

Noticias relacionadas