O Concello de Lugo amplía o prazo para inscribirse nas bolsas de emprego municipal, nas que se presentaron máis de 7.000 solicitudes

A concelleira de Gobernanza fai fincapé na importancia das bolsas postas en marcha polo executivo de Lara Méndez, “nun momento de especial dificultade xa que a crise da Covid-19 significou a destrución de moitos postos de traballo”.

Ábrese un período de 10 novos días hábiles para dar máis oportunidades e polas dificultades na entrega da documentación debido aos protocolos da pandemia e as miles de solicitudes entregadas.

O Goberno local reforza con catro persoas máis os rexistros do Concello, que xa incrementaran o seu persoal para atender as bolsas.

Venres, 21 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo amplía o prazo para inscribirse nas bolsas de emprego tras presentarse xa máis de 1.000 solicitudes

O executivo municipal aprobou este venres en Xunta de Goberno extraordinaria a ampliación en 10 días hábiles do prazo de solicitudes para a bolsa de emprego, posta en marcha dende a Área de Gobernanza, coa que se cubrirán 42 categorías profesionais co fin de axilizar a provisión de postos de traballo.

Esta medida busca dar resposta ao elevado volume de solicitudes e a dificultade para rexistrar a documentación, tanto debido ás novas medidas e protocolos derivados da crise sanitaria como a que o rexistro se “viu desbordado ante as miles de solicitudes que entraron”, segundo comentou a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, quen destacou o éxito desta programación. “A día de hoxe xa hai máis de 7.000 solicitudes inscritas para formar parte da bolsa, a unha media de 4 solicitudes por persoa, o que dá boa conta do interese xerado entre a cidadanía, ao tempo que pon de manifesto a necesidade de fomentar políticas activas de emprego nun momento de especial dificultade pola crise da Covid-19, que significou a destrución de moitos postos de traballo”.

O novo prazo comezará a contar a partir da publicación do anuncio mañá no Boletín Oficial da Provincia.

Por outra banda, a concelleira lembrou que “dende que se comezaron a aplicar novas medidas para evitar a acumulación de cidadáns nas oficinas municipais, con motivo da pandemia, reforzamos o servizo de rexistro, ampliando o seu persoal, reforzos que volvemos a realizar de novo cando sacamos ás bolsas de emprego, e que agora ampliaremos outra vez con 4 persoas máis, tres no rexistro central e unha na área de Persoal”.

O Goberno de Lara Méndez puxo en marcha esta bolsa de emprego co fin de crear listas de substitución naqueles departamentos nos que se vén detectando unha demanda frecuente de profesionais que permitan garantir a continuidade da actividade que se desenvolve nestas áreas, sen que se vexan afectadas por circunstancias como as baixas laborais, a chegada de períodos vacacionais ou o incremento puntual das tarefas que teñen asignadas.

Deste xeito, para a constitución destas listas de traballo convocouse a Técnicos/as de Administración Xeral; Técnicos/as medio de Administración Xeral; Administrativos/as; Auxiliares Administrativos/as; Ordenanzas; Celador/a CEIP; Oficial Condutor/a; Oficial Condutor/a Maquinista Padexeiro/a; Oficial Conductor/a Mecánico/a; Monitor/a Educación Vial; Arquitecto/a; Arquitecto/a Técnico/a; Delineante; Enxeñeiro/a de Montes; Enxeñeiro/a Industrial; Enxeñeiro/a de Camiños Canles e Portos; Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola; Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial; Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas; Mestre/a Electricista; Oficial Electricista; Oficial Albanel; Operario/a de Obras; Traballador/a Social; Educador/a Social; Animador/a Sociocultural; Oficial Cociñeiro/a; Axudante de Cociña e Limpeza; Traballador/a de Familia / Auxiliar de Fogar; Técnico/a Educación Infantil; Auxiliar de Biblioteca; Músico a (especialidades de frauta, clarinete, saxofón, fagote, trompa, trompeta, trombón, bombardino – tuba, piano, gaita e percusión); Celador/a Deportes; Oficial Lector/a; Oficial Fontaneiro/a; Operario/a Rede de Augas; Oficial Maquinista Fontaneiro/a; Analista Programador/a; Técnico/a Especialista TIC; Oficial Sepultureiro/a; Operario/a Cemiterio; Oficial Vixiante Recadador/a.

Unha vez pechado o prazo de admisión a Comisión de Selección terá en conta, á hora de valorar as candidaturas, aspectos como a experiencia profesional, a titulación, formación ou a superación de probas selectivas noutras convocatorias públicas así como ser demandante de emprego e o coñecemento da lingua galega. Trala baremación das e dos aspirantes e a configuración das listas – proceso que tamén comprende un período para a subsanación de posibles erros e resolución de alegacións sobre os resultados provisionais – terá lugar a súa aprobación definitiva nun prazo de 5 días hábiles.

Noticias relacionadas