O rexedor participou este xoves na cerimonia de entrega do IX Premio Peme do Ano 2024.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, participou este xoves na cerimonia de entrega da IX edición do Premio Peme do Ano 2024, organizado polo Banco Santander e a Cámara de Comercio de Lugo, en colaboración coa Cámara de España e o diario El Progreso. O obxectivo deste certame é recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián.
Neste senso, o rexedor felicitou ás empresas premiadas e puxo en valor o apoio do Concello ao emprendemento na cidade a través do CEI-Nodus, así como coa posta en marcha de iniciativas como o Lugo Transforma. “Dende o Goberno Local apostamos por unha cidade onde os proxectos empresariais teñen apoio, onde o talento é benvido e onde o esforzo recibe recoñecemento”, apuntou.
Ademais da elección da Peme do Ano (Industrial Recense, S.L.) o xurado concedeu catro accésits nas categorías de Internacionalización (Transmedia Comunicaciones y Prensa S.L.U.), Innovación e Dixitalización (Medrar Smart Solutions S.L), Formación e Emprego (Pesquerías del Buen Viaje S.L.), e Peme Sustentable (Lácteos Lorán S.L).




