Cristina López: "apoiamos ás e aos hostaleiros do Mercado Municipal, respondendo á súa solicitude e facilitando que estes postos poidan abrir na fin de semana en horario ampliado"
Os días 13 e 14, esta instalación permanecerá aberta ata as 23:00, mentres que o domingo 15 o horario especial será entre as 10:00 e as 16:30
- Tema

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anunciou que os postos de hostalería do Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros terán un horario especial durante a celebración do Arde Lucus. A edil de Participación afirmou que con esta medida a Tenencia de Alcaldía atende a "unha solicitude das e dos responsables dos postos que permitirán que os negocios do sector da hostalería poidan dar un mellor servizo á veciñanza".
O Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros permanecerán abertos ata as 23:00 o venres 13 e o sábado 14, mentres que o domingo 15 o horario será de 10:00 a 16:30. Cristina López destacou que "esta iniciativa permite para dar resposta ás necesidades do sector nestas datas de especial afluencia e contribúen a que o Mercado de Quiroga Ballesteros sexa un espazo referencial tamén durante o Arde Lucus".
Con esta ampliación horaria, a Tenencia de Alcaldía reitera o seu compromiso coa hostalería locais, apostando por dar un mellor servizo ás veciñas e veciños de Lugo e ao importante número de turistas que chegarán á cidade nesta fin de semana.
Audio
- Cristina López, sobre o Mercado de Quiroga Ballesteros | Descargar mp3


