Reunión do alcalde e o presidente da APEC para avanzar na formación de persoas refuxiadas na Fundación San Calixto e favorecer a súa integración laboral e social

O Concello organizará, en colaboración coa APEC, unhas xornadas para divulgar o traballo da Fundación Laboral da Construción e promover o emprego de profesionais capacitados para o sector.

Miguel Fernández puxo en valor a boa xestión que se está a facer desde Urbanismo, servizo que entre xaneiro e maio axilizou a concesión de licencias para tramitar, entre outros permisos, os de 138 vivendas.

O rexedor considera unha "moi boa noticia que os propios promotores vexan que hai axilidade neste departamento, ademais de moi beneficioso para o futuro da cidade".

Venres, 23 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Reunión do alcalde e o presidente da APEC para avanzar na formación de persoas refuxiadas na Fundación San Calixto e favorecer a súa integración laboral e social

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo unha reunión oficial co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción, José Manuel Rodríguez Espiñeira, para analizar a marcha do sector na cidade e de xeito especial a necesidade de formar a profesionais capacitados, ante a falta de man de obra cualificada para a construción. De feito, neste primeiro encontro oficial, ao que tamén asistiu o vicepresidente da APEC, David Pernas, Concello de Lugo e APEC acordaron avanzar na formación de persoas refuxiadas para favorecer a súa integración tanto laboral como social. Formar a futuros profesionais en albañilería, fontanería, carpintería ou electricidade é unha das funcións que desenvolve a Fundación Laboral da Construción en colaboración coa Fundación San Calixto, de cuxo padroado forma parte o Concello de Lugo.

Por iso, o alcalde comprometeuse a organizar unhas xornadas para divulgar o traballo da citada fundación, promover a formación de persoas refuxiadas, e favorcer así profesionais capacitados para un sector con falta de man de obra. Miguel Fernández, sinalou ao respecto que "desde o Concello colaboraremos para potenciar a integración social e laboral, e con elo paliar, na medida do posible, a falta de persoal cualificado para un sector que está a crecer, ao igual que a nosa cidade".

Durante a reunión dos directivos da APEC co rexedor municipal tamén se tratou sobre a marcha do sector no municipio de Lugo. Neste sentido, Miguel Fernández salientou que "transmitíronme a súa satisfacción polo bo ritmo na consesión de licencias e, máis aló dos trámites administrativos, pola boa sintonía, pola atención presencial e o labor de asesoramento que se está a facer desde o deportamento municipal de Urbanismo. Os contactos previos e a atención de consultas por parte dos promotores están a favorecer a axilidade dos trámites e iso mellora a xestión e os resultados", explica o rexedor municipal.

Precisamente, con respecto a estes cinco meses do actual exercicio, o alcalde destacou que "tramitáronse licencias para, entre outras construcións sacar adiante os permisos para 138 vivendas, fronte ás 188 de todo o 2024, o que demostra a boa marcha do sector e da xestión municipal nesta área". Miguel Fernández fai fincapé neste aspecto e sinala que "é unha boa noticia que os propios promotores vexan que hai axilidade neste departamento, ademais de moi beneficioso para o futuro da cidade".

Para o rexedor municipal foi unha reunión "moi satisfactoria na que, por unha banda, sentamos as bases para traballar avanzar na procura de profesionais e solucionar a falta de persoal cualificado para o sector, e por outra constatamos a boa marcha do servizo de Urbanismo". Neste sentido, o alcalde chamou a atención sobre "os últimos cambios introducidos pola alcaldesa, Paula Alvarellos, relativos á incorporación de máis persoal, modificacións nas tramitacións para simplificar os procedementos e axilización das licenzas de obra menor. A todo isto recentemente se sumou o edil Jorge Bustos, como concelleiro responsable da área, e podo dicir que o servizo está funcionando a moi bo ritmo".

Multimedia

  • Reunión do alcalde e o presidente da APEC para avanzar na formación de persoas refuxiadas na Fundación San Calixto e favorecer a súa integración laboral e social
  • Reunión do alcalde e o presidente da APEC para avanzar na formación de persoas refuxiadas na Fundación San Calixto e favorecer a súa integración laboral e social

Noticias relacionadas