O alcalde coñece as principais problemáticas dos taxistas e do Radio Taxi na cidade da man dos seus representantes

Miguel Fernández recibiu aos presidentes de ambas asociacións na primeira visita institucional que fan ao Concello e abordaron algunhas das demandas destes colectivos.

Mércores, 06 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde coñece as principais problemáticas dos taxistas e do Radio Taxi na cidade da man dos seus representantes

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu esta mañá no Concello aos presidentes das asociacións provincias de taxistas e do Radio Taxi, Jesús Rodríguez e Ovideo Aira, respectivamente, na que foi a súa primeira visita institucional, que aproveitaron para trasladar ao rexedor municipal as principais problemáticas ás que se enfronta o sector, como a competencia que ten dos VTC, aínda que no municipio rexistrase en datas moi concretas, ou os altos custos dos seguros, entre outras cuestións.

Miguel Fernández xa asistiu como alcalde de Lugo, o pasado 12 de xullo, á recuperada festa do San Cristovo, na honra do patrón dos taxistas, e xa entón puido coñecer algunhas das reivindicacións e demandas deste colectivo, que no municipio conta con 69 licencias de taxi, das máis de 500 que hai en toda a provincia. Tratouse dunha reunión na que houbo moi boa sintonía e na que o alcalde interesouse pola opinión de ambos representantes sobre as obras de peonalización desenvolvidas no centro de Lugo.

Multimedia

  • O alcalde coñece as principais problemáticas dos taxistas e do Radio Taxi na cidade da man dos seus representantes

Noticias relacionadas