Miguel Fernández preside a toma de posesión de Pedro Felipe Pedrouzo como novo xefe do Servizo de Contratación

O alcalde subliñou a importancia desta incorporación para reforzar unha das áreas estratéxicas da xestión municipal.

No acto tamén participaron a delegada en funcións da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira, e o secretario municipal, Justo Díaz Rodríguez.

“Con esta incorporación sumamos experiencia e capacidade de xestión a un servizo clave para o funcionamento da administración e para seguir avanzando nos proxectos que Lugo precisa”, destacou o rexedor.

Venres, 12 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández preside a toma de posesión de Pedro Felipe Pedrouzo como novo xefe do Servizo de Contratación

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá a toma de posesión de Pedro Felipe Pedrouzo Devesa como novo xefe do Servizo de Contratación do Concello. No acto estivo acompañado pola delegada en funcións da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira, e polo secretario municipal, Justo Díaz Rodríguez.

Fernández salientou a relevancia deste nomeamento “porque falamos dun servizo esencial, que garante o bo funcionamento da administración, a transparencia nos procedementos e a axilidade na tramitación dos proxectos que melloran a vida das veciñas e veciños de Lugo”.

O novo xefe do Servizo de Contratación, Pedro Felipe Pedrouzo, vén de exercer nos últimos anos como Subdirector Xeral de Réxime Económico-Financieiro de Augas de Galicia, polo que achega unha ampla experiencia en xestión administrativa e financeira á súa nova responsabilidade.

O rexedor trasladoulle os seus parabéns e desexoulle acertos nesta etapa, na que asumirá a dirección dun servizo “cun papel determinante para o progreso da cidade”.

Multimedia

  • Miguel Fernández preside a toma de posesión de Pedro Felipe Pedrouzo como novo xefe do Servizo de Contratación
  • Miguel Fernández preside a toma de posesión de Pedro Felipe Pedrouzo como novo xefe do Servizo de Contratación

Noticias relacionadas