Concello, Feafes e Fundación Mapfre apoian a inserción laboral para persoas con problemas de saúde mental

Responsables destes colectivos xunto a edil Ana González Abelleira presentaron as conclusións dun programa no que participan concesionarias de servizos municipais.

Calfensa, Ecolugo, Lacera ou Clece son algunhas das empresas que apoian este plan, que desde a súa posta en marcha permitiu a case 200 persoas acceder a un posto de traballo.

Martes, 20 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello, Feafes e Fundación Mapfre apoian a inserción laboral para persoas con problemas de saúde mental

A tenente de Alcalde e concellería de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, tomou parte hoxe no acto de peche de prácticas de usuarios de Saúde Mental Feafes en distintas empresas concesionarias dos servizos municipais, que tamén estiveron representandas, xunto á Fundación Mapfre, que conxuntamente levan a cabo o programa Juntos Somos Capaces.

González Abelleira agradeceu á citada fundación os seus proxectos en favor da inclusión no eido laboral e tamén o apoio ás empresas que facilitaron as prácticas, como Calfensa, Ecolugo, Lacera ou Clece. “Tede por seguro que desde o Concello de Lugo seguiremos colaborando con programas como este e apoiando unha máis pronta recuperación das persoas con problemas de saúde mental; favorecendo a súa integración no mercado de traballo e mellorando a autonomía persoal dos beneficiarios do programa”.

Durante o acto falouse dese labor conxunto que permitiu que 193 persoas en Lugo con problemas de saúde mental accederan a un posto de traballo, desde a posta en funcionamento deste programa en Lugo, hai algo máis de 12 anos. A concelleira Ana González Abelleira puxo en valor estes datos de inserción e fixo fincapé “na importancia que un posto de traballo pode supoñer para a autonomía e a independencia das persoas con algún problema de saúde mental”. Tamén neste sentido, o representante de Feafes e presidente de Alume, Manuel Fernández Prado, falou de como este tipo de programas axudan tamén a eliminar o estigma que aínda persiste no que rodea á saúde mental e como supoñen un importante beneficio para a melloría dos usuarios do programa.

Multimedia

  • Concello, Feafes e Fundación Mapfre apoian a inserción laboral para persoas con problemas de saúde mental
  • Concello, Feafes e Fundación Mapfre apoian a inserción laboral para persoas con problemas de saúde mental
  • Concello, Feafes e Fundación Mapfre apoian a inserción laboral para persoas con problemas de saúde mental

Noticias relacionadas