O Concello colabora un ano máis coa Feira Solidaria Diversiarte cuxa XVII edición terá lugar esta semana na Horta do Seminario

O mercado, no que se poderán atopar agasallos feitos a man polas asociacións do eido social de Lugo, contará cun total de 15 stands e a presenza de 24 entidades.

Ana Abelleira animou á cidadanía a participar, aportando o seu gran de area, adquirindo os seus agasallos de Nadal neste evento solidario.

Luns, 11 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello colabora un ano máis coa Feira Solidaria Diversiarte cuxa XVII edición terá lugar esta semana na Horta do Seminario

O Executivo de Lara Méndez revalida un ano máis o seu apoio ao tecido asociativo social da cidade colaborando coa organización da Feira Solidaria Diversiarte que neste 2023 celebra a súa XVII edición, do 13 ao 15 de decembro na Horta do Seminario.

Con esta feira, que ten por obxectivo  recadar fondos para as entidades, se quere facer máis visible o traballo que realizan os colectivos. A veciñanza poderá aproveitar para adquirir os seus agasallos de Nadal sendo solidarios cos colectivos. "Todos os produtos son orixinais e moitos deles feitos a man polos usuarios e usuarias das diferentes asociacións que estiveron traballando durante todo o ano", explicou a responsable da área de Cohesión Social, Ana Abelleira, quen animou a cidadanía e achegarse ata Diversiarte.

“Trátase dunha mostra máis do compromiso que temos coas asociacións e na loita continuada por unha inclusión real e efectiva”, lembrou a edil, “ademais dunha magnífica oportunidade para que a cidadanía aporte o seu gran de area”, subliñou.

O mercado solidario, que estará composto por 15 stands, conta coa colaboración do Concello de Lugo, e a participación dos seguintes colectivos: Adace, Aecc, Afalu, Alcer, Alucem, Alufi, Alume, Alusor, Aspalu, Asfega, Aspace, Aspnais, Auxilia, Bonhomía, Cogami, Down Lugo, Fademga, Feafes, Once, Raiolas, San Vicente de Paúl, Asociación Española do Síndrome de Wolv-Hirschhorn (Aeswh), Lupus, Pinchacarneiros.

Programación de actividades organizadas polas asociacións

Paralelamente á celebración do mercado, as asociacións participantes organizarán obradoiros e espectáculos de animación, coa seguinte programación:

  • Mércores 13 ás 18.00 horas: Obradoiro de  "Elaboración de xoguetes para os animais sen fogar de Lugo". Organiza Down Lugo.
  • Xoves 14 ás 19.00 horas: Representación da escena da obra "O achado do castro" pola compañía de teatro Pinchacarneiro.
  • Venres 15 ás 18.45 horas: Panxoliñas interpretadas polo Orfeón Xoán Montes. Actividade organizada por Parkinson Lugo.

Audio

  • A responsable de Cohesión Social, Ana Abelleira, sobre o Diversiarte 2023 | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello colabora un ano máis coa Feira Solidaria Diversiarte cuxa XVII edición terá lugar esta semana na Horta do Seminario

Noticias relacionadas