O Concello cambia o paso de peóns da rúa Santiago con Cidade de Viveiro e achégao á entrada do colexio San José para mellorar a seguridade

Baixarase entre uns 4 e 6 metros o paso de peóns e cambiarase de ubicación o semáforo que regula esta sinalización, os valos encauzadores e o rebaixe da beirarrúa; unhas actuacións de mellora da mobilidade que oscilan os 9.000 euros

As tarefas enmárcanse dentro das iniciativas do Goberno de mantemento da cidade para garantir a seguridade da persoa; unha prioridade na política do equipo de Lara Méndez e a principal directriz sobre as que versan todas as actuacións que leva a cabo

Martes, 17 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo alonxará o paso de peóns da rúa de Santiago, na curva coa rúa Cidade de Viveiro, e achegarao máis á entrada do colexio San José para mellorar a seguridade, principalmente, da comunidade escolar. Así mesmo, tamén beneficiará ao tránsito dos vehículos e á súa incorporación dende a segunda das rúas á primeira, pois actualmente obstaculizabase o xiro, non existindo espazo suficiente de agarda para os vehículos se o semáforo estaba en vermello.

En concreto baixarase entre uns 4 e 6 metros o paso de peóns. Así mesmo, cambiarase de ubicación o semáforo que regula esta sinalización, os valos encauzadores e o rebaixe da beirarrúa; unhas actuacións de mellora da mobilidade que oscilan os 9.000 euros.

Estas tarefas enmárcanse dentro das iniciativas do Goberno de conservación e mantemento da cidade para garantir a seguridade vial e a seguridade do peón e, polo tanto, da persoa; unha prioridade na política do equipo liderado por Lara Méndez, e a principal directriz sobre as que versan todas as actuacións que leva a cabo. 

Noticias relacionadas