O Concello aposta pola economía social e amosa a súa disposición de colaborar cos centros especiais de emprego de Cegasal

Luns, 19 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello aposta pola economía social e amosa a súa disposición de colaborar cos centros especiais de emprego de Cegasal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns unha xuntanza co presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (CEGASAL), José Antonio Vázquez, co obxecto de tratar a entrada en vigor da nova lei de contratación pública que inclúe importantes novidades con respeto á carga de traballo para persoas traballadoras con algunha diversidade. Á reunión tamén asistiu a directora comercial do colectivo, Raquel Alvite.

Na xuntanza, Méndez confirmou a disposición de cooperar do Concello coa patronal da economía social, colaborando cos centros que forman parte deste colectivo, que empregan a máis de 1.250 traballadores e traballadoras nos seus centros en Galicia. Abarcan distintas actividades de diversos sectores como limpeza, papelería, imprenta, xardinería, industria cárnica, alimentación, téxtil e tratamento de residuos, entre outros. En Lugo, Cegasal conta cun centro especial de emprego, Grafinco.

Noticias relacionadas