A Alcaldesa e membros do Goberno municipal participaron na concentración convocada por esta plataforma baixo o lema Día da maleta
- Tema

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros do Goberno municipal participaron este sábado na praza de Conde Fontao, diante da Estación de Tren, na concentración convocada pola plataforma Lugo, non perdas o tren, que baixo o lema Día da maleta, reclamou melloras na estación e nos servizos ferroviarios da cidade e da provincia.
A rexedora lembrou que “todo o tecido socioeconómico da nosa cidade e de toda a provincia reivindicamos unhas infraestruturas ferroviarias que son imprescindibles para o desenvolvemento de Lugo, para non quedar illados e conseguir co apoio de todos e todas que sexan unha realidade o antes posible”.