Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello apoia as reivindicacións da plataforma Lugo, non perdas o tren por uns mellores servizos ferroviarios

O Concello apoia as reivindicacións da plataforma Lugo, non perdas o tren por uns mellores servizos ferroviarios

A Alcaldesa e membros do Goberno municipal participaron na concentración convocada por esta plataforma baixo o lema Día da maleta

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Transporte
Sábado, 17 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello apoia as reivindicacións da plataforma Lugo, non perdas o tren por uns mellores servizos ferroviarios

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros do Goberno municipal participaron este sábado na praza de Conde Fontao, diante da Estación de Tren, na concentración convocada pola plataforma Lugo, non perdas o tren, que baixo o lema Día da maleta, reclamou melloras na estación e nos servizos ferroviarios da cidade e da provincia.

A rexedora lembrou que “todo o tecido socioeconómico da nosa cidade e de toda a provincia reivindicamos unhas infraestruturas ferroviarias que son imprescindibles para o desenvolvemento de Lugo, para non quedar illados e conseguir co apoio de todos e todas que sexan unha realidade o antes posible”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-apoia-reivindicacions-da-plataforma-lugo-non-perdas-o-tren-por-uns-mellores