A Casa Consistorial estará iluminada durante a tarde noite do día 4 como mostra de solidariedade
Mércores, 03 de febreiro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial contra o Cancro en apoio á Asociación Española Contra o Cancro (AECC), iluminando de verde a fachada como mostra de solidariedade.
O Concello colabora nesta iniciativa organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para visibilizar esta enfermidade lembrando, tamén, que a mellor forma de loitar contra esta patoloxía é dotar á sanidade de máis medios e de maiores fondos á investigación.