O Concello achega a natureza a 10 colexios públicos do municipio e planta uns 130 árbores nas súas instalacións

Daniel Piñeiro supervisou unha das plantacións, coas que a entidade local pretender sensibilizar aos máis cativos e cativas sobre a importancia de protexer as árbores

Martes, 25 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello achega a natureza a 10 colexios públicos do municipio e planta uns 130 árbores nas súas instalacións

O Concello de Lugo achega a natureza aos colexios públicos do municipio plantando máis dun centenar de árbores nas zonas verdes de distintos centros educativos, cedidas polos viveiros da Consellería de Medio Rural. Así o deu a coñecer o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen se achegou ao centro das Gándaras para supervisar o plantío, xunto co xefe de estudos deste colexio, Ignacio Castro.

Daniel Piñeiro indicou que o obxectivo é axudar na sensibilización dos máis cativos e cativas sobre a importancia de protexer as árbores, dado a súa función indispensable. Ao mesmo tempo, a entidade local acondiciona as zonas verdes dos centros, respondendo ademais ás peticións do propio persoal dos centros.

En total, ao longo do mes de abril, plantaranse 130 árbores, "de porte non moi grande, para evitar continuas podas, de crecemento lento, e que non teñan nin pinchos nin froitos tóxicos", entre escalonias, cotoneaster rastreros, serbales, liquidámbar e laurel nos centos de Albeiros, Nadela, A Ponte, Luis Pimentel, das Gándaras, Menéndez Pelayo, Illa Verde, Casás, Paradai e Fingoi Nº2. A entidade local, quen lle ofreceu a posibilidade de plantación a todos os colexios, tamén realizará algunha poda.

Audio

 

Noticias relacionadas