O Concello abre este mes o prazo para inscribirse nas actividades urbanas socio culturais, con prazas para 1.600 maiores e pequenos

O executivo de Lara Méndez aumentará as horas de capacitación dixital e incidirá no ocio saudable e en accións que reforcen as relacións interxeracionais como teatro e pintura.

Mantéñense as iniciativas de gran demanda dos maiores como bailes de salón, clases de pilates, ioga e ximnasia, obradoiros de cociña saudable e intercultural e tamén de costura.

A concelleira de Benestar, Olga López, que nos vindeiros días anunciará as actividade para a zona rural, anima á veciñanza a anotarse desde o día 19 ao 23 deste mes.

As listas definitivas exporanse o 17 de outubro nos taboleiros dos centros.

Domingo, 18 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello abre este mes o prazo para inscribirse nas actividades urbanas socio culturais, con prazas para 1.600 maiores e pequenos

O Goberno de Lara Méndez achegará, neste curso, un completo e diverso programa de actividades socioculturais nos centros de convivencia municipais dirixidas a todas aquelas persoas que están empadroadas en Lugo, unha iniciativa levada a cabo a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López.

A edil vén de anunciar o programa de animación sociocultural para a zona urbana, que contará cun total de 1.612 prazas, dirixidas a cativos e adultos que contemplan accións lúdicas, así como socieducativas e físicas, que “se desenvolverán dende o vindeiro 24 de outubro ao 31 de maio de 2023 e que inclúen actividades de contido social, psicofísico, formación, cultura, artístico-manual e outras relacionadas coa saúde, como pode ser pilates ou o ioga”, apuntou Racamonde, que explicou que nos vindeiros días anunciará as actividades para a zona rural.

Mantéñense as iniciativas de gran demanda pero, “nesta ocasión, hai máis horas de informática e capacitación dixital para maiores e inmersión lingüística en galego para nenos e nenas”, sinalou a edil ao tempo que apuntou que “é unha boa ocasión para aproveitar o tempo de lecer saíndo da rutina diaria, sumando o benestar físico e emocional”.

Así, entre o outubro e maio de 2023, os diferentes centros de convivencia da capital e os centros de dinamización ofreceran diversos cursos “moitas delas continuistas debido a que gozan de gran participación e aceptación entre o público”, abondou Olga López.

Entre as actividades destacan, entre outras, obradoiros para persoas maiores como son o envellecemento activo, memoria e lembranzas, uso de teléfonos móbiles, e tamén para os máis mozos, como a inclusión educativa ou os ‘Sábados Divertidos’, “sen esquecer aquelas coas que pretendemos fomentar as relacións interxeracionais entre a mocidade e as persoas adultas como o teatro, a pintura e manualidades” apuntaba a edil.

López Racamonde adiantou, así mesmo, que haberá bailes de salón, clases de pilates, de ioga e de ximnasia, obradoiros de cociña saudable e intercultural e de costura, “sen esquecer que tamén haberá outras accións de carácter aberto e común a todos os centros vencelladas á celebración de xornadas, ou conmemoracións de datas sinaladas de sensibilización sociocultural, saídas culturais e excursións”.

A concelleira aproveitou tamén para agradecer “a boa acollida que ano tras ano reciben estas actividades, que e convidan ao reencontro social e impulsan a participación en igualdade de condicións”.

Prazo de inscrición e publicación das listas

O prazo de inscrición para apuntarse comezará o día 19 de setembro e rematará o 23 do mesmo mes. As solicitudes poderán presentarse de maneira presencial nos centros de convivencia Lamas de Prado, Maruja Mallo e Uxío Novoneyra en horario de mañá, das 09:00 ás 13:00 horas, ou a través do rexistro electrónico, en lugo.gal, ou en calquera outro que se establezan as disposicións vixentes.

A adxudicación das prazas farase por sorteo informático público, que terá lugar o día 28 de setembro ás 11:00 horas comezando, por orde ascendente, polos centros con menor número de solicitudes globais.

As listas definitivas exporanse o 17 de outubro nos taboleiros dos centros.

Audio

  • Revista de Animación Sociocultural 2022 - 2023 | Descargar pdf

Noticias relacionadas