A asistencia á xornada, impartida no centro cívico Uxío Novoneyra pola psicóloga Marta Ramos, é gratuíta aínda que require inscrición previa no correo igualdade@lugo.gal
- Tema
A área de Muller e Igualdade do Concello de Lugo sigue adiante co desenvolvemento da xornada de Saúde Feminina, un ciclo que o vindeiro martes, día 29, abordará unha clase en formato obradoiro sobre o “Coidado da coidadora”, que estará impartida pola psicóloga Marta Ramos. A asistencia a esta actividade, que se desenvolverá no centro cívico Uxío Novoneyra a partir das 18.00 horas, é gratuíta aínda que require inscrición previa no correo igualdade@lugo.gal.
O coidado das persoas dependentes recae na maior parte dos casos nas mulleres, de aí que este sexa un dos temas que se abordarán nestas xornadas de saúde feminina, que desenvolverase durante os meses de abril, maio e xuño, con conferencias e charlas centradas na saúde das mulleres, asesorando e informando ao respecto da menopausia, o dano cerebral adquirido ou o lipedema, entre outros temas de interese.

