O alumnado do CEIP As Mercedes coñece o Mercado Municipal e a Praza de Abastos da man da Concelleira de Concello e Cidadanía

Xoves, 11 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alumnado do CEIP As Mercedes coñece o Mercado Municipal e a Praza de Abastos da man da Concelleira de Concello e Cidadanía

Un grupo de alumnos e alumnas do CEIP As Mercedes de Lugo fixeron este xoves unha visita ás instalacións do Mercado Municipal Quiroga Ballesteros e á Praza de Abastos acompañados pola Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo. Durante esta actividade, todos os industriais amosaron os seus productos aos rapaces e rapazas, que atenderon con moito interese as explicacións. A Asociación de Comerciantes do Mercado instalou un photocall para que as visitas poidan ter un recordo fotográfico da súa estadía nestas dependencias.

Noticias relacionadas