O alcalde Miguel Fernández e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, supervisan a recuperación do caneiro da Acea de Olga

 A restauración agora completada garantiza o futuro do ecosistema fluvial, posúe un valor patrimonial únco ao vencellar a tradición co noso presente e garantiza o uso social neste emblemático tramo do río Miño.

A intervención forma parte da estratexia conxunta de colaboración entre ambas as institucións para a posta en valor do entorno fluvial ao seu paso polo municipio.

“Lugo consolídase como unha cidade que mira ao río con respecto e con futuro. Seguiremos traballando da man da Confederación e doutras administracións para que siga sendo un espazo de encontro, patrimonio e futuro”, destacou o alcalde.

Luns, 27 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde Miguel Fernández e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, supervisan a recuperación do caneiro da Acea de Olga

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, visitaron hoxe o caneiro da Acea de Olga, unha das actuacións máis recentes desenvolvidas polo Organismo da Demarcación Hidrográfica para a recuperación e posta en valor do patrimonio fluvial do Miño ao seu paso por Lugo.

Durante a visita ao proxecto rematado, Fernández destacou o compromiso e a colaboración activa da Confederación, que permitiron avanzar de maneira continuada nunha estratexia común orientada a recuperar o valor ambiental, cultural e social do río Miño e do seu entorno. “Esta é unha mostra máis do excelente traballo conxunto entre administracións. Grazas á colaboración e ao compromiso da Confederación Hidrográfica, que asumiu con dilixencia a finaciación e execución deste importante poxecto, Lugo segue recuperando o seu patrimonio fluvial e fortalecendo a súa relación co río”, afirmou o rexedor.

O alcalde lembrou que esta actuación se suma a outros proxectos compartidos que están a transformar o borde fluvial de Lugo e a configurar un auténtico cinto verde arredor da cidade, como a conexión dos paseos do Rato e do Miño, que permitirá completar un itinerario natural e peonil continuo, ou a rehabilitación da antiga Fábrica da Luz, que converterá este espazo emblemático nun centro de interpretación e dinamización vinculado á memoria industrial e ao aproveitamento sostible dos recursos naturais.

Ademais, Fernández subliñou que esta liña de cooperación se amplía con novos proxectos xa en marcha, como o deseño da futura praia fluvial, un espazo de lecer plenamente integrado no entorno natural do Miño, e a posta en valor do entorno da Fábrica da Luz, que se converterá nun polo de atracción ambiental e cultural. “Falamos dun modelo de cidade que aposta pola sustentabilidade, pola protección do noso patrimonio natural e pola posta en valor dos espazos que fan de Lugo un lugar único”, engadiu.

Pola súa banda, Quiroga destacou o valor da obra así como a súa magnituide e a súa dificultade a hora de executala. “ Está obra de 8 metros de largo e máis de 40 de ancho está executada  de xeiton que permite que a dinámica hidraulica xere diferente correntes e así especies de peixe, independentmente dos eu tamaño, poden pasar o río sen ningún problema. Trátse dun traballo executaddo con mano de obra especilizada que respecta a forma tradiconal de acometer este tipo de obras de inxeñería”, apuntou o presidente do Organismo da Cunca.

O caneiro da Acea de Olga é un elemento singular tanto desde o punto de vista etnográfico e histórico como científico e ambiental. Durante séculos, estas estruturas foron esenciais para regular o caudal do río, favorecer o aproveitamento sostible da auga e garantir os distintos usos do Miño. A restauración agora completada permite recuperar esa función orixinal e contribúe á seguridade fronte a posibles desbordamentos, axudando a manter un equilibrio hidrolóxico fundamental para a estabilidade do ecosistema fluvial e da contorna urbana.

O presidente do Organismo da Cunca subliñoui que esta obra ten un gran valor social. “Conta cun elemento patrimonial moi impornate por si só. Ademáis axuda a dosenvolvemento da práctica deportiva e contribúe a lámina de auga a altura da ponte Romana. En definitva se recupera un elemento importantísimo, non só na dinamica do río, se non da cidade de Lugo que ten no miño un elemento cardinal e vertebrador do seu espazo”, destacou Quiroga.

A restauración agora completada garantiza o futuro do ecosistema fluvial, posúe un valor patrimonial únco ao vencellar a tradición co noso presente e garantiza o uso social neste emblemático tramo do río Miño. Con actuacións como esta, Lugo reafirma a súa aposta por un modelo de cidade sostible, integradora e respectuosa co seu entorno natural. “O río Miño é un símbolo de vida, de historia e de identidade para os e as lucenses. Seguiremos traballando da man da Confederación e doutras administracións para que siga sendo un espazo de encontro, patrimonio e futuro”, concluíu o alcalde.

Audios

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre o caneiro de Acea de Olga | Descargar mp3
  • Caneiro de Acea de Olga | Descargar mp3

Multimedia

  • O alcalde Miguel Fernández e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, supervisan a recuperación do caneiro da Acea de Olga
  • O alcalde Miguel Fernández e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, supervisan a recuperación do caneiro da Acea de Olga
  • O alcalde Miguel Fernández e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, supervisan a recuperación do caneiro da Acea de Olga

Noticias relacionadas