Miguel Fernández participa nun minuto de silencio en repulsa polo crime machista de Aldeanueva del Camino

Mércores, 28 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández participa nun minuto de silencio en repulsa polo crime machista de Aldeanueva del Camino

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañado de membros da Corporación Municipal participou este mércores nun minuto de silencio diante da Subdelegación do Goberno en Lugo como mostra de rexeitamento polo asasinato machista ocorrido este martes en Aldeanueva del Camino, Cáceres, no que foi asasinada María, a muller número 12 de violencia de xénero no que vai de 2025.

O Concello de Lugo quere expresar a súa máis firme condena ante este novo crime machista e trasladar a súa solidariedade á familia, amizades e contorno da vítima. O alcalde, Miguel Fernández, reiterou o compromiso do goberno municipal na loita contra a violencia de xénero, unha lacra que segue truncando vidas e que require a implicación e resposta unánime de toda a sociedade. “Non podemos permitir nin un paso atrás na defensa dos dereitos e da vida das mulleres”, sinalou.

Noticias relacionadas