A Mesa da Industrialización de Lugo impulsada polo Concello avanza no análise dos sectores con máis potencial para a cidade

O órgano presentou os resultados das entrevistas realizadas con responsables do sector agroforestal para estudar a súa situación e detectar as necesidades futuras.

Con este proxecto, o executivo reforza a Estratexia Lugo Transforma, coa que o Concello mobilizará 12 millóns en 5 anos parar atraer inversión e crear emprego.

Venres, 04 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Mesa da Industrialización de Lugo impulsada polo Concello avanza no análise dos sectores con máis potencial para a cidade

A Mesa da Diversificación Industrial de Lugo impulsada pola alcaldesa, Lara Méndez, na que se sentan as institucións e os colectivos económicos e sociais para complementar a Estratexia Lugo Transforma co obxectivo de converter a cidade nun polo de atracción de empresas, celebrou unha nova reunión, durante a cal a secretaría técnica presentou un informe sobre o sector agroforestal.

Esta industria é unha das que a Mesa acordou centrar os esforzos de captación co fin de aproveitar as potencialidades intrínsecas do municipio, xunto a economía vinculada coa sostibilidade, aliñada co modelo de cidade e incluíndo aspectos económicos, medioambientais e sociais, e a transformación dixital como ferramenta transversal para o desenvolvemento doutros sectores.

Na reunión participaron a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira; o xefe territorial da Consellería de Economía da Xunta en Lugo, Gustavo Casasola de Cabo; o delegado do IGAPE en Lugo, Rafael Rábade; o Secretario Xeral da Confederación Empresarios de Lugo, Jaime López; e o presidente da Asociación de Empresarios de O Ceao-As Gándaras, Francisco Dorado. A Universidade de Lugo tamén ten presenza na Mesa de Diversificación.

A secretaría técnica da Mesa mantivo reunións e entrevista con distintas empresas, institucións e entidades vinculadas co sector forestal para analizar a situación actual e detectar as súas necesidades futuras.

Esta iniciativa complementa a Estratexia Lugo Transforma, o fondo emprendedor municipal co que o Concello de Lugo mobilizará con recursos propios 12 millóns de euros en cinco anos, a maior contía destinada pola administración local en toda a súa historia para atraer investimentos e novas empresas ao municipio, moi dependente actualmente do sector servizos, un dos que está a sufrir máis as consecuencias da emerxencia económica derivada da pandemia.

Lugo Transforma, unha iniciativa pioneira

A Estratexia Lugo Transforma, pioneira en Galicia no ámbito municipal, articulase a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos empresariais innovadores a través da modalidade de fondo de capital risco.

Deberán ser proxectos de alto valor engadido tanto de empresas pequenas ou medianas así como de nova creación, con potencial de crecemento e con alta capacitación, que se caractericen pola súa innovación e por apostar por modelos económicos sostibles e de economía verde, que acompañen ao modelo de cidade que se está a desenvolver Lugo.

Multimedia

  • A Mesa da Industrialización de Lugo impulsada polo Concello avanza no análise dos sectores con máis potencial para a cidade

Noticias relacionadas