Medio Rural inviste 296.000 € na mellora de 4 estradas municipais

A Xunta de Goberno Local aprobaba hoxe a apertura dos procedementos de contratación para rexenerar o firme das vías de Romeán, Recimil, Pedreda e a Silva

A actuación será financiada cos fondos procedentes do Convenio de Cooperación que o Concello mantén coa Deputación Provincial

Mércores, 16 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural inviste 296.000 € na mellora de 4 estradas municipais

Medio Rural acometerá a mellora de catro estradas municipais en diferentes núcleos do Concello.

A Xunta de Goberno Local aprobaba hoxe a apertura dos procesos de contratación para rexenerar o firme destas vías, a través da financiación procedente do Convenio de Cooperación Provincial co que o executivo de Lara Méndez pretende incrementar as dotacións das parroquias.

O edil Miguel Fernández explicaba que as intervencións previstas se concentrarán, concretamente, “en Romeán (19.848’73 €), na calzada que conduce de Abeledo a Recimil (75.000 €), na de Chavián a Pedreda (60.187’82 €) e na parroquia de Piñeiro, ao límite do concello con Guntín, (141.254’19 €). Obras que, no seu conxunto suman 296.290’74 € e que acaparan case o 60% das achegas da Deputación”, precisou.

“Trátase de obras, que redundan na mellora das infraestruturas do rural e coas que se pretende abordar non só na súa conservación e mantemento, senón tamén na calidade de vida da súa veciñanza”, indicou o edil.

Noticias relacionadas