- Tema

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, visitaron esta semana a parroquia de Soñar para ver o resultado das obras que o Servizo Eléctrico Rural do Concello levou a cabo para instalar 10 novos puntos de luz na urbanización de Os Beleos, actuación coa que se benefician preto de medio cento de veciños.
Nestas tarefas a entidade local investiu preto de 7.000 euros.
“Esta é unha execución coa que o goberno de Lara Méndez pretende mellorar a calidade de vida da veciñanza do rural”, indicou o concelleiro ao tempo que explicaba que esta operación da resposta ás peticións veciñais.
Esta actuación súmase ás que vén realizando a brigada municipal dos servizos eléctricos do rural ao longo de todo ano, encargándose do mantemento da totalidade do alumeado público das parroquias. Entre as súas tarefas están a reposición das lámpadas ou a poda das ramas que lle afectan ao tendido eléctrico, entre outras.