Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Rural instala unha ducia de novos puntos de luz na urbanización de Os Beleos, en Soñar

Medio Rural instala unha ducia de novos puntos de luz na urbanización de Os Beleos, en Soñar

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas
Venres, 14 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural instala unha ducia de novos puntos de luz na urbanización de Os Beleos, en Soñar

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, visitaron esta semana a parroquia de Soñar para ver o resultado das obras que o Servizo Eléctrico Rural do Concello levou a cabo para instalar 10 novos puntos de luz na urbanización de Os Beleos, actuación coa que se benefician preto de medio cento de veciños.

Nestas tarefas a entidade local investiu preto de 7.000 euros.

“Esta é unha execución coa que o goberno de Lara Méndez pretende mellorar a calidade de vida da veciñanza do rural”, indicou o concelleiro ao tempo que explicaba que esta operación da resposta ás peticións veciñais.

Esta actuación súmase ás que vén realizando a brigada municipal dos servizos eléctricos do rural ao longo de todo ano, encargándose do mantemento da totalidade do alumeado público das parroquias. Entre as súas tarefas están a reposición das lámpadas ou a poda das ramas que lle afectan ao tendido eléctrico, entre outras.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-rural-instala-unha-ducia-de-novos-puntos-de-luz-na-urbanizacion-de-os-beleos-en-sonar