Medio Rural inicia hoxe os traballos de rexeneración do firme da estrada LU-P-2910 a Barbaín, cun orzamento de 40.956 euros

O edil Miguel Fernández, que estivo supervisando a obra, sostén que se completa a mellora dun itinerario moi utilizado pola veciñanza da zona pero tamén polos usuarios do HULA

Venres, 22 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural inicia hoxe os traballos de rexeneración do firme da estrada LU-P-2910 a Barbaín, cun orzamento de 40.956 euros

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, iniciou no día de hoxe as obras rexeneración do firme da estrada LU-P-2910 a Barbaín, parroquia de Santa Maria de Bóveda, que contan cun orzamento de 40.956 euros financiado polo Concello de Lugo. Estes traballos quedaran interrompidos a mediados do mes de marzo polo decreto do estado de alarma.

As tarefas inclúen a limpeza das cunetas e o aglomerado en quente do firme, así como o pintado dos bordes e a sinalización vertical e horizontal. O concelleiro Miguel Fernández, que estivo supervisando as obras, avanzou que as mesmas van permitir gañar en seguridade viaria e mobilidade non só aos veciños e veciñas da zona senón tamén aos centenares de persoas que acoden por esta vía ata o Hospital Lucus Augusti. “Complementamos desta maneira os traballos de aglomerado en quente deste itinerario”, sostivo.

O Concello de Lugo da así resposta ás peticións veciñais e da novos pasos “na nosa decidida aposta polo rural, para mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños”, destacou o edil.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre a rexeneración do firme da estrada LU-P-2910 a Barbaín | Descargar mp3

Noticias relacionadas