Medio Ambiente, traballou este xoves en medidas de retirada de depósitos no río de carácter preventivo na zona da Ponte Romana

Medio Ambiente realiza esta limpeza anualmente, buscando sempre épocas nas que o río está máis baixo debido a que as labores se levan a cabo de maneira máis sinxela.
Retiráronse en total tres árbores de considerable magnitude de río, ademais de ramas.

Xoves, 29 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente, traballou este xoves en medidas de retirada de depósitos no río de carácter preventivo na zona da Ponte Romana

A área de Medio Ambiente que dirixe Álvaro Santos, traballou ininterrompidamente este xoves dende primeira hora da maña, concretamente as 08.30h, en medidas de carácter preventivo para evitar problemas de obstruccións ou inundacións nos próximos meses debido a acumulación de depósitos no río.

A zona de traballo elixida para levar a cabo as tarefas foi a Ponte Romana utilizando a mesma para ubicar un camión grúa ademais dos equipos técnicos necesario e un total de cinco traballadores para proceder da maneira máis eficaz posible con fin de interromper o tránsito da zona o menor número de horas posibles, as labores finalizaron ás 12.00h.

Retiráronse en total tres árbores de considerable magnitude, ademais de ramas.

Esta medida preventiva faise tódolos anos, buscando sempre épocas nas que o río está máis baixo debido a que as labores se levan a cabo de maneira máis sinxela.

Multimedia

  • Medio Ambiente, traballou este xoves en medidas de retirada de depósitos no río de carácter preventivo na zona da Ponte Romana
  • Medio Ambiente, traballou este xoves en medidas de retirada de depósitos no río de carácter preventivo na zona da Ponte Romana

Noticias relacionadas