Medio Ambiente poñerá os medios para buscar a orixe da avaría que afecta á comunidade de veciños de Venancio Senra

O concelleiro Álvaro Santos mantivo esta mañá un encontro cos afectados na procura de solucionar canto antes a fuga detectada no inmoble

Luns, 23 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Alvaro Santos mantiña esta mañá un encontro co presidente dos residentes afectados por unha fuga de auga nun edificio da rúa Venancio Senra aos que xa se lles trasladara, no seu día, que os servizos municipais realizaran diversas actuacións ao respecto sen advertir mal funcionamento ou desperfectos nas canalizacións do Concello.

O edil responsable de Medio Ambiente optou por contratar, unha intervención para dar coa orixe da avaría logo de que nin os operarios municipais a atopasen na rede pública, nin os técnicos contratados pola comunidade de propietarios puideran determinar de onde procedía a filtración.

“A prioridade da área de Medio Ambiente é, nestes momentos, detectar canto antes de onde procede o problema para solucionalo e rematar o máis axiña posible cos prexuízos que están a sufrir estes veciños. Se ben é certo que a brigada do servizo de limpeza, encargada destas tarefas, realizou dúas inspeccións ás canalizacións cando tivemos coñecemento do problema, sen observar ningunha incidencia na rede pública o que non queremos é, baixo ningún contexto, que a cidadanía siga a sufrir máis molestias. Por iso, de forma inminente, procederemos dende o Concello, a iniciar os traballos para identificala e resolvela”, concluíu Álvaro Santos.

Audio

  • Alvaro Santos, sobre os veciños de Venancio Senra | Descargar mp3

Noticias relacionadas