Medio Ambiente continúa cos traballos de restauración do mobiliario urbano en diferentes prazas e parques da cidade

Mércores, 07 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente continúa cos traballos de restauración do mobiliario urbano en diferentes prazas e parques da cidade

A concellería de Medio Ambiente continúa coas tarefas de mellora do mobiliario público en diferentes prazas e parques da cidade, concretamente nestes días os operarios municipais estiveron na Praza de San Xoán, no barrio de Montirón, onde se sitúa o parque infantil, recentemente reformado.

O tenente de alcaldesa e edil responsable da concellería, Miguel Fernández, anunciou que, os traballos realizados polo persoal municipal da Brigada de Parques e Xardíns consisten na rehabilitación e posterior pintura e vernizado de bancos, que se atopan deteriorados ao acharse á intemperie.

Actuacións encamiñadas tanto na conservación e mantemento do mobiliario como na adecuación dos espazos públicos da cidade. Así mesmo, o concelleiro sinalou que "se trata dunha intervención global co propósito de que as prazas e parques estean nas mellores condicións e poñelos ao día con esta e outras actuacións que xa se están desenvolvendo, como son as reposicións de mobiliario, renovación dos xogos infantís, limpeza e acondicionamento”.

O Goberno de Lara Méndez leva investidos máis de 700.000 euros nos parques da cidade durante os últimos dous anos entre os que destacan o novo parque de Novo Freire, a cubrición do de Augas Férreas ou as melloras que se executaron nos do Parque Rosalía de Castro, na zona recreativa do Paseo do Miño, en Aquilino Iglesia Alvariño, San Roque, Río Mandeo ou na Avenida das Américas.

Noticias relacionadas