A actuación compleméntase coa recente creación dun espazo dedicado a Xoan Montes que proximamente se abrirá ao público

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o edil de Medio Ambiente, supervisaban esta mañá a colocación da nova ornamentación floral da Praza Maior.
Uns traballos que se enmarcan dentro da campaña de primavera, que atinxe a toda a cidade pero cos que, nesta contorna, o executivo de Lara Méndez completa a mellora dunha das zonas verdes máis emblemáticas do Casco Histórico coincidindo coa próxima apertura ao público dun espazo dedicado a Xoan Montes, nunha homenaxe ao compositor lucense deseñada polo executivo durante o mandato pasado.
As tarefas, que rematarán esta mesma xornada, consistiron na reposición de 3.500 plantas e flores de diferentes especies como begonias, petunias, alegrías, xeranios ou coleos que, sen dúbida, encherán de cor a paisaxe deste enclave urbano.