Medio Ambiente comezou cas probas piloto na xestión intelixente dos residuos urbanos, coa que espera un aforro superior aos 600.000 euros

O concelleiro Álvaro Santos aclara que “No caso dos colectores de cartón procederase a modificar tamén o sistema de carga superior por un sistema de carga lateral o que permite que o vaciado do colector no camion de recollida sexa más rápido é outra vantaxe e que o tráfico interrompese moito menos tempo á hora da recollida”

Unha vez finalizadas as probas colocaranse na zona de Aguas Férreas e Acea de Olga, por facilidade de manobra na colocación, maior dispersión dos roteiros para posteriores medicións de cobertura, e estabilidade na produción de residuos

Xoves, 05 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente comezou cas probas piloto na xestión intelixente dos residuos urbanos, coa que espera un aforro superior aos 600.000 euros

A concellería de Medio Ambiente, dirixida polo edil Alvaro Santos, comezou esta maña cas probas piloto encamiñadas a desenvolver unha xestión intelixente dos residuos sólidos urbanos,  equipados con sensores que miden o volume e enchido dos mesmos.

Alvaro Santos explicou en que consiste a xestión intelixente de residuos urbanos que “É a sustución de contenedores de lixo por outros que permiten a instalación dun sistema de monitorización do enchido de cada un dos contenedores de maneira individual ” e dende hoxe estudiarase esta experiencia piloto para ver como funciona e como responde esta nova tecnoloxía ademáis de ver o grao de adaptación a cidade de Lugo.

O edil comentou que “No caso dos colectores de cartón procederase a modificar tamén o sistema de carga superior por un sistema de carga lateral o que permite que o vaciado do colector no camión de recollida sexa más rápido o que sumaría outra vantaxe xa que o tráfico interrompese moito menos tempo á hora da recollida”.

O sistema de monitorización implantado nos colectores este xoves avisará a unha central do nivel de ocupación volumétrica que teñen os mesmos, de tal xeito que se optimizarán os recursos xa que o camión de recollida baleirará os contenedores que estén ó nivel de enchido fixado e no caso do de papel nun menor número de tempo.

O concelleiro confirmou de novo que “Os contedores unha vez finalizadas as probas colocaranse na zona de Aguas Férreas e Acea de Olga, por facilidade de manobra na colocación, maior dispersión dos roteiros para posteriores medicións de cobertura, e estabilidade na produción de residuos”.

O goberno de Lara Méndez segue a dar pasos de cara a un modelo de municipio respectuoso co medio ambiente e á vangarda das solucións sostibles, o que suporá unha mellora do benestar e da calidade de vida da veciñanza lucense nos próximos.

Coa estratexia Smart City, o Concello de Lugo busca involucrar aos veciños e veciñas nos procesos administrativos da institución e mellorar a prestación de servizos públicos locais a través de cambios nos modelos de xestión apoiados nas TIC.

Por iso, ademais de coa recollida de residuos sólidos urbanos, estase traballando xa na implantación da Administración Electrónica, en sistemas de xeolocalización para a conseguir aparcadoiros intelixentes e buscando a eficiencia enerxética en edificios públicos e o alumeado público, tanto no entorno urbano como rural.

O proxecto Lugo Smart City conta cun orzamento de licitación de 4.112.801 euros, dos que o Ministerio de Economía e Empresa  achega o 60%, uns 2,5 millóns, a través de Red.es, coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e o Concello de Lugo aporta máis de 1,6 millóns de euros.  

Noticias relacionadas