Marco Topo agasallará o seu xogo Lugo Muramiñae nunha festa infantil este venres no Vello Cárcere

Será a partir das 17:30 horas, onde Marco Topo ten preparada unha xincana, talleres de pintacaras de Flopis, reparto de globos e un photocall, entre outros

Tamén se realizará un taller de debuxo para inventar ao Flopi propio de Lugo, Dusidín. O gañador levará unha tablet de regalo

Marco Topo leva 3 anos de andadura e xa forma parte da oferta turística de 40 destinos e museos de todo o país, sendo o de Lugo o primeiro de Galicia; facéndoo ademais nun espazo como o existente entre a Muralla e o río Miño

Este xogo está composto por un mapa, e xunto a un dispositivo con acceso a internet, da a oportunidade de descubrir a cidade superando probas e preguntas sobre Lugo e a axuda dos fondos FEDER como dinamizadores da cidade

Mércores, 10 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Marco Topo agasallará o seu xogo Lugo Muramiñae nunha festa infantil este venres no Vello Cárcere

Tras o seu paso polo encontro deportivo do Breogán, Marco Topo volve a deixarse ver en Lugo. O Concello convidouno este venres para que sexa el mesmo o que reparta entre os nenos e nenas e as familias o xogo interactivo Lugo Muramiñae, a nova acción que vén de incorporar a estratexia DUSI de Lugo, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Será nunha festa, a partir das 17:30 horas, no Vello Cárcere, onde Marco Topo ten preparada unha xincana, talleres de pintacaras de Flopis, unhas simpáticas criaturas amigas súas; reparto de globos e un photocall, entre outros. Tamén se realizará un taller de debuxo para inventar ao Flopi propio de Lugo, Dusidín. Os creadores de Marco Topo elixirán ao gañador deste taller, que recibirá unha tablet de agasallo.

Este xogo está composto por un mapa, e xunto a un dispositivo con acceso a internet, da a oportunidade de descubrir a cidade superando probas e preguntas sobre Lugo e a axuda dos fondos FEDER como dinamizadores da cidade e do municipio. É polo tanto unha acción divulgativa na que se da a coñecer a cidade e a zona DUSI dunha forma distinta, a través dun produto que se alonxa das habituais formas de visitar e coñecer tanto unha cidade como dun proxecto europeo.

Marco Topo leva 3 anos de andadura e xa forma parte da oferta turística de 40 destinos e museos de todo o país, sendo o de Lugo o primeiro de Galicia; facéndoo ademais nun espazo como o existente entre a Muralla e o río Miño.

A aventura de Marco Topo en Lugo

Marco Topo é un xogo de exploración educativo pensado para que as familias con nenos e nenas de Lugo e de fóra do municipio realicen visitas autoguiadas, mentres descubren información e curiosidades.

Esta aventura, que combina soporte papel e dixital, con doble idioma, en galego e castelán; componse dun mapa da cidade cun percorrido marcado, un set de pegatinas e unha app web onde se plantexan distintos retos e preguntas que convidan a explorar Lugo e investigar a súa riqueza cultural, histórica e paisaxística.

Para elo seguirán un itinerario que establece 12 paradas informativas en 12 puntos de interese: Parque Rosalía de Castro, Muralla de Lugo, Praza de Pío XXI, Catedral, Porta de Santiago, Porta Miñá, Sala de exposións Porta Miñá, Camiño Primitivo, zona verde do Pazo de Feiras e Exposicións, río Miño, Ponte Romana e Termas Romanas.

As distintas probas do xogo plantexaranse en distintos lugares emblemáticos de Lugo, guiados polas personaxes de Marco Topo, caracterizado de romano, e a súa irmá Marta Topo. Cada vez que se supere unha proba, os nenos e nenas, que se convirten tamén en protagonistas desta aventura, liberarán aos Flopis debendo poñer a súa pegatina no mapa para poder gañar a partida ao Doutor Topo Loco, un malvado científico. Tras superar todas as probas, os participantes recibirán un diploma.

Para xogar a Marco Topo só fai falta conseguir, de xeito gratuíto, este mapa que repartirá o propio Marco Topo, introducir o código que figura nel na páxina web www.marcotopo.com e empeza a aventura. Este mapa conta tamén con actividades basadas nos contidos de Lugo e vén acompañado dun agasallo en forma de imán.

Noticias relacionadas