O Concello inviste 31.500 euros nestas obras, coas que tamén aproveitará para reubicar un cadro eléctrico situado nesta mesma rúa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, visitou este mércores as obras de reparación do saneamento da Rúa Armanyá, que contan cun orzamento de 31.500 euros e serven para garantir as boas condicións deste servizo público aos máis dun cento de veciños de dita zona.
O edil comprobou a evolución das obras, coas que se están a eliminar as filtracións producidas nesta rúa, co conseguinte levantamento e posterior reposición do pavimento. O Concello tamén aproveitará para reubicar un cadro eléctrico. Dáse así resposta ás demandas realizadas polos veciños e veciñas da zona.
Antes de iniciar o San Froilán realizaranse a maior parte destas obras, que continuarán despois destes festexos ata a súa finalización, para minimizar as molestias aos establecementos hostaleiros e aos veciños e veciñas desta zona.