Maite Ferreiro anuncia a volta do posto de información turística da praza Maior.
Maite Ferreiro: "con esta medida aumentamos en gran cantidade o número de turistas atendidas durante o verán".
A atención manterase ata finais do San Froilán.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa, visitaron o posto de atención turística da praza Maior, que comezou a funcionar hoxe. Maite Ferreiro destacou a importancia deste punto, "que nos permite aumentar ano tras ano a cantidade de visitantes que reciben información turística á súa chegada a Lugo para mellorar a súa estancia na cidade".
Durante o ano pasado, o punto de información turística atendeu en a preto de 50.000 persoas. Entre os visitantes que se achegaron ás distintas instalacións turísticas, destacaron os procedentes do resto de Galiza, ademais das principais zonas do estado como Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Francia, Portugal, Reino Unido e Alemaña son os países con máis turistas estranxeiros rexistrados nas estatísticas municipais, onde hai rexistros de turistas de distintos países de todo o mundo.
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o posto de atención turística | Descargar mp3

