Luz verde do Goberno á participación de Lugo no Plan Único da Deputación, coa que ambas administracións acometerán 12 obras

Trátase de mellorar e ampliar servizos en 9 viais da zona rural e ámbito periurbano, adecentar dous locais sociais de dúas parroquias e colocar unha escultura para humanizar a zona de Ramón Montenegro

Mércores, 28 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deu luz verde este mércores á participación do Concello no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos, impulsado pola Deputación, así como ao investimento total  de 538.930 eruros, 500.000 euros no marco deste programa, aos que a entidade local suma 38.930 euros, para acometer un total de 12 actuacións.

Segundo explicou o Voceiro Municipal, trátase de mellorar e ampliar servizos en 9 viais da zona rural e ámbito periurbano, mellorar e adecentar dous locais sociais de dúas parroquias e colocar unha escultura para humanizar a zona de Ramón Montenegro.  

Os investimentos son os seguintes:

Infraestruturas

  • Pavimentación da rúa dos Chaos e Camiño de Liñares: 107.754,24 €
  • Pavimentación do vial dende Milleirós a Tolda de Milleirós: 81.067,20 €
  • Pavimentación de viais en Castelo: 72.594,56 €
  • Pavimentación e abastecemento en Camiño de Barreiro e San Fiz: 103.636,74 €

Total infraestruturas: 365.052,74 €

Zona rural

  • Formigonado de cunetas en Esperante (Parroquia de Esperante): 45.037,87 €
  • Rexeneración de firme no camiño do Muíño (Parroquia de Santo André de Castro): 15.338,01 €
  • Rexeneración de firme na estrada de acceso a Mazoi (Parroquia de Mazoi): 42.580,03 €
  • Reforma da escola de Daquelcabo (Parroquia de Bascuas): 19.633,54 €
  • Reforma do local social do Burgo (Parroquia do Burgo): 17.408,35 €

Total zona rural:139.997,80 €

Cultura:

  • Realización dunha escultura en granito adicada a Javier Krahe: 33.880,00 €

Total cultura: 33.880,00 €

Noticias relacionadas