Lugo volverá vestirse de primavera o próximo sábado 30, co desfile de moda do comercio de Lugo

A gala de moda organizada pola Asociación de Autónomas de Galicia, coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo, busca impulsar o comercio de proximidade e demostrar a súa gran calidade

23 comercios da cidade mostrarán as súas propostas para nenos e adultos en téxtil, calzado, xoiería, peletería e complementos. O aforo da gala é de 300 persoas, os convites son de balde e é necesario solicitalos nos establecementos participantes

Durante o desfile, na sala de exposicións haberá obradoiros para os máis pequenos, ademais ao finalizar sortearanse dous vales de 50 euros e un de 100 euros para gastar nas tendas participantes

Venres, 22 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo volverá vestirse de primavera o próximo sábado 30, co desfile de moda do comercio de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, presentaron este venres, xunto coa Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López, a terceira gala Lugo vístese de Primavera. Trátase dunha gala de moda organizada pola Asociación de Autónomas de Galicia, coa colaboración do Concello e a Deputación de Lugo, coa fin de impulsar o comercio de proximidade e demostrar a súa gran calidade.

No desfile, 23 comercios da cidade mostrarán a variedade e calidade dos seus produtos, a través de 20 modelos adultos e preto de 25 nenos, que desfilarán o día 30 de marzo polos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos. As entradas para asistir son totalmente gratuítas, sendo o aforo de 300 persoas, polo que é necesario solicitar os convites nos establecementos participantes.

Na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos haberá obradoiros infantís, que permitirán ao público asistir cos máis pequenos da casa e que estes se entreteñan durante todo o desfile. Ao finalizar, entre os asistentes sortearanse dous vales de 50 euros e un de 100 euros para gastar nas tendas participantes.

Máis comercios nesta edición

Nesta 3ª edición do Lugo vístese de Primavera, novos comercios únense a esta gala, así desta volta son 23 os comercios que darán a coñecer as súas propostas no mundo da moda: téxtil, calzado, xoiería, peletería e complementos, 18 dos establecementos diríxense a adultos, mentres que os outros 5 son de moda infantil. Os comercios participantes son: Veritas Veritatis, Chis fashion & co, Malizia, Lilas, Cepece, Cuplé, El Armario de QK, Miss Mariquita, Violeta y Chloe, Lugodress, Mariña, Peletería Lucus, Carmen moda, Confecciones García, Urban Foot, Mi Luna, Firi, Opticalia, Miky Moda, Amorissimi, Kucadas, La Compagnie des Petits e Moninadas.

Outra novidade para esta edición é a apertura do desfile a modelos afeccionados ademais dos profesionais, grazas a apertura dun casting celebrado na cidade.

Multimedia

  • Lugo volverá vestirse de primavera o próximo sábado 30, co desfile de moda do comercio de Lugo

Noticias relacionadas