Lugo respirará fútbol sala durante as dúas vindeiras fins de semana

Ana Abelleira, Pablo Rivera, Marcos Pereiro e Manuel Cadramón presentaron o primeiro Clínic Lugo Sala para adestradores e a Copa de Fútbol sala Lugo 2017

Xoves, 08 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo respirará fútbol sala durante as dúas vindeiras fins de semana

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, acompañada do Deputado de Deportes, Pablo Rivera, o Presidente de Lugo Sala, Marcos Pereiro, e o xefe do Servizo Provincial de Deportes, Manuel Cadramón, presentaron este xoves o primeiro Clinic Lugo Sala para adestradores, así como a Copa Autonómica de Fútbol Sala Lugo 2017.

Abelleira e Rivera amosaron a súa satisfacción por traer a Lugo cada vez máis eventos deportivos e de formación. Por outr banda, Pererio agradeceu o apoio ás institucións por colaborar nestas actividaes.

A competición da Copa Autonómica de Fútbol sala Lugo 2017, para categorías infantís e cadetes, terá lugar ó domingo día 11 de xuño, dende as 09:30 horas da mañá na Casa do Deporte, tendo previstas as finais ás 17:30 e ás 18:45 horas, e a posterior entrega de trofeos.

Pola súa banda, Clinic Lugo Sala para adestradores será en xornada única o sábado día 17 de xuño, dende as 09:00 ata as 20:00 horas, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Adestradores de categoría nacional, incluso das primeiras divisións, serán os encargados de amosar as súas experiencias aos asistentes a estas ponencias formativas.

Noticias relacionadas