Lugo non falta á súa cita anual cos cogomelos

Carmen Basadre e Julián Alonso presentaron a XVI Exposición de Cogomelos, que acollerá o Colexio Rosalía de Castro o domingo, 5 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas

Venres, 27 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo non falta á súa cita anual cos cogomelos

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto ao presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, presentaron este venres, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a XVI Exposición de Cogomelos, que acollerá o Colexio Rosalía de Castro o domingo 5 de novembro.

Nesta presentación, Carmen Basadre lembrou o importante traballo que realiza a Sociedade Micolóxica Lucus, “promovendo estas iniciativas que poñen en valor os cogomelos, para axudar a coñecelos mellor e distinguilos na súa recolleita, ademais de coidar o noso medio ambiente”.

Pola súa banda, Julián Alonso agradeceu “a colaboración que están a prestar, tanto o Concello como o Colexio Rosalía de Castro para levar a cabo este evento”. Tamén quixo animar á cidadanía a asistir a esta exposición, “onde se pode observar a gran variedade de fungos que temos no noso entorno, pero tamén recibir información de cada unha das variedades”.

Esta edición, na que estarán expostas distintas especies deste fungo, terá lugar en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

Audio

Noticias relacionadas