Lugo mostra unha vez máis a súa solidariedade co pobo saharauí

Ana Abelleira, Carmen Basadre e representantes de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui presentaron a gala Desierto de Agua, que terá lugar o domingo 21 de febreiro a partir das 18:000 horas

Xoves, 11 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentación de Desierto de Agua

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e representantes da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, presentaron este xoves no Salón de Plenos a gala solidaria Desierto de Agua, que terá lugar o domingo 21 de febreiro no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a partir das 18:00 horas. O Concello colabora con este evento dentro do seu compromiso por axudar aos máis necesitados.

No acto, González Abelleira insistiu na disposición do Concello para colaborar e axudar con actos de marcado caracter solidario, ao tempo que destacou o traballo de asociacións como Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, tanto no seu labor diario como no incansable traballo de axuda coa pobación saharauí. Neste senso, convidou a todos os lucenses e visitantes a asistir a esta gala solidaria a favor das familias sen fogar tras as inundacións do Sáhara o pasado outono.

Pola súa banda, dende a asociación agradeceron a colaboración que demostra de novo o Concello e chamaron aos lucenses a encher de solidariedade o Gustavo Freire o día 21 de febreiro.

5 euros de solidariedade

Todos os interesados en asistir a esta gala, na que participará o Mago Rafa, Carmen Conde, que tamén asistiron ao acto; Hipócrita Teatro, Gravitty e o cantante David Prado, poden adquirir a súa entrada por 5 euros no Mesón do Forno ou no propio auditorio dúas horas antes do comezo do espectáculo.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre a gala solidaria Desierto de Agua |Descargar mp3

Multimedia

Noticias relacionadas