A Lugo Monumental volveu humanizar o centro da cidade, presidida un ano máis pola solidariedade

A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes presenciaron a proba e entregaron os premios aos distintos gañadores e gañadoras dun evento, que nesta ocasión rexistrou a participación máis alta da súa historia, incrementando un 25% as persoas participantes con respecto á pasada edición

Domingo, 16 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Lugo Monumental volveu humanizar o centro da cidade, presidida un ano máis pola solidariedade

A XVI Carreira Popular Lugo Monumental-Gran Premio Caixa Bank, que se celebrou ao longo da mañá deste domingo, volveu humanizar o centro da cidade. A cita, presidida un ano máis pola solidariedade, pois unha parte da inscrición se destinaba a UNICEF, arrincou ás 11:00 horas, coas saídas para as categorías menores, e ás 12:00 horas para adultos, na Ronda da Muralla, na zona da Mosqueira.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, presenciaron a proba e entregaron os premios aos distintos gañadores e gañadoras dun evento, que nesta ocasión rexistrou a participación máis alta da súa historia, incrementando un 25% as persoas participantes con respecto á pasada edición.

O recorrido foi o seguinte: Ronda da Muralla, na dirección da circulación, discorrendo pola Ronda ata chegar á altura da Rúa do Teatro, xiro á esquerda e subida - Santo Domingo-, xiro á esquerda rúa da raíña-paso por LIÑA DE META-xiro á dereita baixando pola rúa da Praza Maior-xiro á esquerda por Bispo Aguirre, a carón do Círculo das Artes; xiro á dereita cara a rúa Vilalba, enfilando recto ata a Avda Ramón Ferreiro ata a altura da rúa Pintor Corredoira. Despois haberá un cambio de sentido de novo pola Avda Ramón Ferreiro – xiro á dereita en dirección a Anxo López Pérez en dirección á Ronda da Muralla discorrendo por ela ata a altura da Porta de Santiago, onde as corredoras e corredores desviaranse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeral Tella, Praza de Avilés, xiro á dereita Dtor Portela -ida e volta- seguindo recto en dirección Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á Avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) á altura de Pintor Corredoira, para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, Praza da Constitución, Ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde as persoas participantes subirán ao adarve da Muralla pola rampla fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampla, onde se baixará cara á Praza Pío XII, rúa Bo Xesús, Praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos (Praza Maior), e chegada á meta, situada ao carón da Casa do Concello.

Noticias relacionadas