Lugo continúa coñecendo o modelo italiano de uso da madeira como material construtivo, o que o Concello quere impulsar na cidade

Venres, 22 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo continúa coñecendo o modelo italiano de uso da madeira como material construtivo, o que o Concello quere impulsar na cidade

A delegación de representantes municipais, da Deputación, a Universidade e empresas madeireiras, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, continúa hoxe coñecendo o modelo italiano de uso da madeira como material constructivo, o que o Concello quere impulsar na cidade aproveitando o proxecto europeo de desenvolvemento sostible Lugo+Biodinámico de 3,5 millóns de euros. A delegación visita hoxe empresas de referencia da industria europea da madeira como a aserrería Val di Fiemme, en Albino Angeli e o centro X-Lam Dolomiti, así como unha obra que aínda está en construción.

Tal e como subliñou a rexedora, o obxectivo desta viaxe, que remata hoxe, é profundizar e descubrir a diversificación da producción forestal nun país pioneiro no uso da madeira como é Italia. En base a estas experiencias, o Concello busca impulsar unha actividade empresarial que utilice a madeira como elemento principal de construcción a través do Lugo+Biodinámico, un proxecto que prevé accións de desenvolvemento sostibe entre os polígonos de O Ceao e As Gándaras, tales como a construcción dun centro de interpretación sobre o clima.

Noticias relacionadas