Lugo celebra o Día Europeo das linguas

Mércores, 13 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As Concelleiras de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, asistiron na Casa das Linguas ós actos conmemorativos do Día Europeo das linguas. Os actos foron organizados polo Concello de Lugo, a través das Concellerías de Benestar, Economía e Emprego e o Centro de información europea Europe Direct-Lugo.

A celebración consistiu nun programa de actividades dirixidas especialmente ós máis pequenos para transmitirlles a mensaxe de que o multilingüismo é un dos valores clave de Europa.

Ademais, tratouse de facerlles ver que a aprendizaxe de idiomas permite ós cidadáns enriquecer a súa vida, así como experimentar novas ideas e tamén exercitar a mente e beneficiarse da diversidade cultural que ten Europa, sen contar coas posibilidades que ofrece para mellorar considerablemente as perspectivas profesionais.

http://www.lugo.es/europedirect

casadaslinguasconcellodelugo.blogspot.com

 

Multimedia

Noticias relacionadas